Somnámbulo Funámbulo

Somnámbulo Funámbulo é un espazo de colaboración.

Somnámbulo Funámbulo é unha colección dentro de Fabulatorio de libros de cultura visual editados en cooperación con museos, institucións, colectivos ou persoas individuais.

Somnámbulo Funámbulo é a maneira de poñer en común intereses compartidos e de aproveitar sinerxias editoriais.

Somnámbulo Funámbulo é un soño en equilibrio inestable.

Somnámbulo Funámbulo é Fabulatorio de viaxe.