125.00 €
Consulta as condicións de venda neste enlace
f.04'. Edición especial

Unidade Veciñal

Tono Mejuto

«Unidade veciñal» é o segundo dunha serie de 5 cadernos nos que Fabulatorio quere explorar, a través da fotografía, os pares de relacións: espazo–vida e cultura–civilización.

Cada nova publicación dun dos cadernos da serie acompáñase dunha edición especial composta por un dos exemplares, numerado e asinado, e por unha copia fotográfica en edición limitada elaborada para Fabulatorio, tamén numerada e asinada polo autor.

A edición especial de ‘Unidade Veciñal’ acompáñase dunha reprodución fotográfica de Tono Mejuto.

A serie «Unidade veciñal» de Tono Mejuto foi seleccionada para formar parte da exposición «Edita: secuencia/sentido» no CGAC de Santiago de Compostela, comisariada por Miguel von Hafe.

Tono Mejuto

Tono Mejuto fórmase entre as escolas de Arquitectura da Coruña, Graz e Santiago de Chile e forma parte do grupo de acción-investigación urbana ergosfera. Paralelamente, no eido das artes visuais, asiste a diversos cursos impartidos por Jorge Ribalta, Isaki Lacuesta ou Xavier Ribas, entre outros. No 2012-13, cursa o Máster en Fotografía Blank Paper en Madrid e é seleccionado por Patrick Remy para a súa participación no festival Planche(s) Contact de fotografía de Deauville, ao que volvería como invitado na edición do 2014.

 

Ficha
Ref:
f.04'. Edición especial
Título:
Unidade veciñal
Publicado:
20/01/2015
Tirada:
10
Numerado:
Si
Asinado:
Si
Fotografías:
Tono Mejuto
Tamaño:
400 x 310 mm
Impresión:
Inkjet Print. Tintas pigmentadas