125.00 €
Esgotado
f.01'. Edición especial

A casa do Oscar

Luis Díaz Díaz

A casa do Oscar é o primeiro dunha serie de 5 cadernos nos que Fabulatorio quere explorar, a través da fotografía, os pares de relacións: espazo–vida e cultura–civilización.

Cada nova publicación dun dos cadernos da serie acompáñase dunha edición especial composta por un dos exemplares, numerado e asinado, e por unha copia fotográfica en edición limitada elaborada para Fabulatorio, tamén numerada e asinada polo autor.

A edición especial de ‘A casa do Oscar’ acompáñase dunha reprodución fotográfica de Luis Díaz Díaz de a Casa Canoas, obra do arquitecto Oscar Niemeyer proxectada no ano 1953 como residencia familar propia.

As características e máis imaxes do caderno ‘A casa do Oscar’ pódense consultar neste enlace.

Ficha
Ref:
f.01'. Edición especial
Título:
Casa Canoas
Publicado:
16/05/2012
Tirada:
5
Numerado:
Si
Asinado:
Si
Fotografías:
Luis Díaz Díaz
Tamaño:
400×300 mm
Área impresa:
390×290 mm
Impresión:
Inkjet Print. Tintas pigmentadas