25 €
Consulta as condicións de venda neste enlace
f.16

Orixe ou cando a marea baixa

Ana Paes

EDICIÓN LIMITADA
Risografia asinada

«[…] Orixe ou cando a marea baixa é unha obra complexa, cunha profunda capacidade lírica, que é capaz de reunir e articular, nun mesmo discurso narrativo, unha historia sobre a viaxe e as búsquedas interiores que facemos no tránsito; un relato sobre as complicidades familiares e, por último, unha indagación sobre a memoria, sobre as súas distorsións e os seus reflexos no presente. A partir dunha declarada subxectividade, o traballo de Ana Paes non resulta hermético e, moi ao contrario, deixa espazo para que outro, e a súa alteridade, o interpreten e fagan propio. Orixe consegue, ademais, dende unha aparente diversidade, crear unha imaxinario visual coherente —que funciona nas partes e no conxunto— e verdadeiramente fascinante».

(Extracto da acta do xurado do I Premio Editorial de Fotografía Documental Galega)

Ana Paes
A Guarda (Pontevedra), 1982

Ana Paes é unha artista visual galega con base en Madrid. Licenciada en Historia da Arte pola USC (Santiago de Compostela) e Máster propio en Historia e Estética Contemporánea pola UVA (Valladolid). A súa formación en fotografía e o cine está moi relacionada á investigación de técnicas analóxicas. Autopublicou varios dos seus proxectos («Ser y Cuerpo» e «Ensaio II».

Ficha
Ref:
f.16
Título:
Orixe ou cando a marea baixa
Publicado:
25/06/2023
Tirada:
300
Fotografías:
Ana Paes
Edición:
Cibrán Rico López / Jesús Vázquez Gómez
Deseño:
desescribir
Páxinas:
124
Tamaño:
165 x 235 mm
Idioma:
Galego / Inglés
Impresión:
Ófset (CMYK e Tritono) + Risografía
Encadernación:
Caderno a cabalete. Puntada e nó
Papeis:
Symbol Tatami / Arena Natural Rough / Sirio Celeste / Splendorlux Label
Cuberta:
Curious Matter Adiro Blue
Imprenta:
Agencia Gráfica / Laconcongrelos
Encadernadora:
Legatoria
ISBN:
978-84-124260-3-8
Notas:
Orixe ou cando a marea baixa de Ana Paes foi recoñecido no ano 2021 co I Premio Editorial de Fotografía Documental Galega, creado e impulsado por FFoco Festival de Fotografía da Coruña co obxectivo de fomentar a creación e producción de fotolibros con vinculación galega. En cada edición, o Festival é posible grazas ao apoio do Concello da Coruña, a Deputación da Coruña e a Fundación Luis Seoane.