25.00 €
Consulta as condicións de venda neste enlace
f.05 | Colección Somnámbulo Funámbulo

La cobla patafísica 2015 – 2001

CaboSanRoque

CaboSanRoque é un colectivo artístico/musical integrado na actualidade por Laia Torrents, enxeñeira industrial, e Roger Aixut, arquitecto. La cobla patafísica 2015-2001 é a primeira monografía publicada da súa obra. De inspiración patafísica, o traballo de CaboSanRoque desenvolveuse ao redor da construción de máquinas musicais e da exploración das súas capacidades expresivas, nun proceso de investigación continua sobre a xénese de sons por medios mecánicos e automatismos.

Editado por Moisés Puente, e con textos de Víctor Nubla, Pablo Martín Sánchez e unha entrevista a cargo de Pierre Bastien, o libro amosa un inventario exhaustivo de todas as máquinas sonoras producidas por CaboSanRoque, fotografadas en estudio para a ocasión por Inga Knölke. La cobla patafísica 2015-2001 inclúe, no interior da funda/cuberta, dous carteis de gran formato con toda a produción do colectivo ao longo dos últimos 15 anos.

Coeditado con Arts Santa Mònica. Centre de la creativitat, Barcelona.

> Imaxes en alta resolucion

Que son, ou que fan, exactamente, CaboSanRoque? Para algúns, CaboSanRoque é un grupo de música cunha larga traxectoria; para outros, son uns performers que, armados con diferentes artefactos, montan diversos espectáculos; e, finalmente, para os que contemplan as máquinas que fabrican sen ter presente as súas músicas, poderían considerar que estas son obras de arte.

Porén, podería engadirse unha outra cousa: CaboSanRoque son coleccionistas (patafísicos) de sons. As súas máquinas e espectáculos producen novos sons, que, como as coleccións de séculos pasados, oscilan entre a rareza e a beleza, entre a erudición e a curiosidade, e todo condensado nos seus particulares gabientes de coleccionista. Unha colección de sons significa entender a multiciplicidade do mundo sonoro, atopar un significado oculto e aprehender, no persoal, a magnitude do que é marabilloso ante a descuberta de cada novo son.

— Moisés Puente

CaboSanRoque
www.cabosanroque.com

CaboSanRoque naceu no 2001 como colectivo musical, tomando prestado o seu nome dun vello transatlántico. Actualmente está integrado por Laia Torrents (Barcelona, 1976), enxeñeira industrial, e Roger Aixut (Barcelona, 1975), arquitecto. Nos seus catorce anos de existencia, formaron parte de CaboSanRoque Pepe Seguí, Ramon Garriga, Alberto Mezquíriz, Núria Carrera, Carles Martínez-Almoyna, Josep Maria Fita, Oriol Luna e Guiu Llusà. CaboSanRoque ten colaborado cos artistas Pierre Bastien, Vinicio Caposela, Pascal Comelade, Carles Santos, Frederic Amat, Za! e Joan Saura.

Discografía
· 12 rounds (Chesapik, 2014)
· Maquinofòbiapianolera (K-Industria, 2012)
· Ball de pistons (autoeditado, 2010)
· Música a màquina (autoeditado, 2007)
· França Xica (G3G Records, 2005)
· CaboSanRoque (G3G Records, 2003)

Espectáculos
· El run-run del nyigo-nyigo, 2012
· Bestiari, 2011
· Maquinofòbiapianolera, 2001
· Torn de nit, 2009
· Música a màquina, 2007
· La caixeta, 2006

Ficha
Ref:
f.05 | Colección Somnámbulo Funámbulo
Título:
CaboSanRoque. La cobla patafísica 2015–2001
Publicado:
24/02/2015
Tirada:
400
Fotografías:
Inga Knölke
Textos:
Moisés Puente, Víctor Nubla, Pablo Martín Sánchez, Pierre Bastien
Traducción inglés:
babeltraductors
Idea editorial:
Moisés Puente / Cibrán Rico / Suso Vázquez
Edición:
Moisés Puente
Deseño:
Páxinas:
176
Tamaño:
165 x 235 mm
Idioma:
Inglés / Castelán
Impresión:
Offset (6 tintas)
Encadernación:
Lomo visto con funda de plástico
Tipografía:
Tiempos Text / Founders Grotesk / Plantin
Papeis:
Cyclus 90 g/m2 / Gardapat Kiara 115 g/m2
Cuberta:
Funda con cartel pregado (450 x 700 mm)
Imprenta:
Agencia Gráfica
Filmación:
Masplanchas
Encadernadora:
Legatoria
ISBN:
978-84-940115-4-2
Notas:
Este libro foi publicado co gallo da exposición «CaboSanRoque. La cobla patafísica 2015–2001» que tivo lugar no Arts Santa Mònica de Barcelona do 3 de marzo ao 12 de abril de 2015.

Distribución e vendas:
As librerías deben contactar con
Distribution Art Books (Ramón Domínguez)
info@distributionartbooks.com
T: +34 981 255 210 / +34 629 889 001