A obra de Regina Gimenez pertence ao ámbito da abstracción, pois é na exploración da xeometría e da cor onde residen ás súas inquedanzas estéticas.
[…] O seu traballo destila un interés polos saberes populares e a pedagoxía. Baixo esta luz, disciplinas coma a xeografía ou a ciencia son interpeladas pola artista, que sistematiza os seus elementos formais e enfatiza a súa condición simbólica.
[…] Na súa concienzuda procura, visible no carácter serial de toda a súa obra, asomámonos a unha vontade de presentar o coñecemento baixo unha lóxica e unha organización metódica.
— Javier Hontoria
Director do Patio Herreriano
Regina Gimenez
Barcelona, 1966
Regina Gimenez vive e traballa en Barcelona. Dende a década dos noventa consolidouse coma unha das artistas catalanas máis activas na escea artística tanto local coma internacional.
Regina aprópiase de elementos extraídos do seu contexto orixinal (antigos mapas, gráficos de libros de xeografía e comoloxía…) para reorganizalos e reinterpretalos en novas composicións. A través da súa obra desenvolve unha investigación sobre o aspecto formal das representacións gráficas, traballando con distintas técnicas sobre soportes de diferente natureza: tela, metacrilato, cubertas de libros, álbumes fotográficos… En paralelo a súa obra pictórica cabe destacar o interés da artista pola edición de libros singulares e pola docencia no ámbito universitario.
Coeditado co Patio Herreriano. Museo de Arte Contemporáneo Español, Valladolid.