25 €
Consulta as condicións de venda neste enlace
f.15 | Col. Somnámbulo Funámbulo

Guillermo Monroy

«As portas, as xanelas como umbrais de luminosidade diurna que enchen de cor o ambiente»

Libro/catálogo da exposición «Guillermo Monroy» en SVT Espacio de arte, Vigo (17.11.2022-04.02.2023), comisariada por Ángel Cerviño e coordinada por Luis Sirvent.

«Guillermo Monroy (Vigo, 1954-1982) foi un daqueles artistas novos que, ao iniciarse a década dos oitenta, constituíron o grupo Atlántica, historia viva e núcleo fundacional do movemento que propiciou a máis radical renovación das prácticas artísticas na nosa comunidade, unha historia ante a que Guillermo permanecerá xa eternamente novo, tras o seu prematuro falecemento en 1982, antes de chegar a facer os trinta anos.

Unha vida truncada por un infortunado accidente que nos legou como contrapartida unha produción artística única e irrepetible. Nunha década de intenso traballo e dedicación plena á pintura, Guillermo Monroy desenvolverá un proxecto artístico de inusitada madureza e coherencia que parece desmentir a extrema xuventude do seu artífice. O seu legado está constituído por unha gran cantidade de lenzos e debuxos sobre papel, centenares de bosquexos e apuntamentos; pintura aplicada sobre toda clase de soportes: tea, papel, cartóns e embalaxes atopadas, coma se —sobre todo nos seus últimos anos— un escuro presentimento o empurrase cara a unha infatigable actividade creadora gobernada pola vontade de entregar a súa vida á pintura».

— Ángel Cerviño

Ficha
Ref:
f.15 | Col. Somnámbulo Funámbulo
Publicado:
02/02/2023
Tirada:
200
Autor:
Guillermo Monroy
Textos:
Ángel Cerviño, Carlos L. Bernárdez, Correa Corredeira, Manolo Figueiras, Jorge Varela
Idea editorial:
desescribir
Edición:
Ángel Cerviño, Luis Sirvent, Cibrán Rico, Suso Vázquez
Deseño:
Páxinas:
68
Tamaño:
220 x 280
Idioma:
Galego
Impresión:
Ófset
Encadernación:
Rústica en bolsa con lapelas
Tipografía:
Signifier
Papeis:
Print Speed 70 g - 120 g / Creator Matt 90 g
Imprenta:
Agencia Gráfica
Encadernadora:
Casper
ISBN:
978-84-124260-2-1
Notas:
Publicado en colaboración con SVT Espacio de Arte co apoio da Xunta de Galicia