30.00 €
Esgotado
f.00

Fabulatorio

desescribir

Fabulatorio é unha publicación conmemorativa do nacemento da editorial. É un punto de partida dun camiño, por iso aínda non contén palabras nin imaxes: tan só mostra paisaxes de cores polos que queremos transitar.

Fabulatorio é tamén un libro reciclado: foi elaborado a partir das probas de impresión do libro ‘V Premio de Arquitectura Ascensores Enor’. As páxinas dos 11 exemplares editados foron seleccionadas e alzadas unha a unha para configurar composicións e paisaxes distintas entre sí. Cada publicación propón unha viaxe propia e diferente.

A cuberta foi realizada no prelo de Gráficas Brial rescatando a case desaparecida técnica de impresión con tipografía metálica móbil.

Ficha
Ref:
f.00
Título:
Fabulatorio
Publicado:
16/05/2012
Tirada:
11
Numerado:
Si
Autor:
desescribir
Deseño:
desescribir
Páxinas:
40
Tamaño:
240×240
Impresión:
Offset (tintas planas fluorescentes)/ Tipografía
Encadernación:
Grampado / Sobrecuberta con lapelas
Sobrecuberta:
Offset Print Speed 250 g/m²
Tipografía:
Venus
Imprenta:
Gráficas Brial
Encadernadora:
Gráficas Brial