25.00 €
Consulta as condicións de venda neste enlace
f.10

Cedeira

Paadín

[Serigrafía]

Unha vista da vila de Cedeira dende o Camiño da Marabilla, exactamente nalgún punto da tradición no que se cruzan Urbano Lugrís e Otl Aicher. Impresa orixinalmente en offset no ano 2008. Revisada en 2018 e reeditada como serigrafía con catro tintas directas na súa edición actual.

José Manuel Pérez Paadín
paadin.eu

Nacín en Ferrol. Estudei Belas Artes en Cuenca. Emigrei a Barcelona a traballar como deseñador e rematei facendo debuxos animados. Adoptáronme en Lamosca, un estudio de deseño como deus manda. Aprendín unha chea de cousas sen especializarme en ningunha. Traballei entre México e Barcelona por un tempo. Fixen fanzines. Fundei un museo (é unha maneira de falar). Toquei a batería (mal). A día de hoxe, dedícome ao deseño como axente libre, a dar clases en Elisava e a argallar con Serrucho.org

Ficha
Ref:
f.10
Título:
Cedeira
Publicado:
12/12/2019
Tirada:
200
Autor:
José Manuel Pérez Paadín
Tamaño:
500×700 mm
Impresión:
Serigrafía (4 tintas)
Papeis:
Munken Lynx 240 g.