«Boas Noites» é unha colección de retratos tomados en locais de ocio nocturno no rural galego. Esta serie, nacida como continuación profesional e vital da serie «Good Night London», pretende documentar a realidade deses espazos acompañando os retratos con imaxes da natureza que os rodea realizadas a poucos metros dos locais.
— Jesús Madriñán

* Boas Noites foi editado con dúas cubertas diferentes. Se estás interesado nun modelo específico de cuberta indícao na compra a través de Paypal ou envía un correo a fabulatorio@gmail.com
A edición especial de «Boas Noites» vai acompañada dunha fotografía orixinal de Jesús Madriñán, tamén asinada polo autor e con certificado de autoría.