‘Persoas’ é unha lista da xente e das empresas que colaboran con desescribir, en maior ou menor medida pero sempre de xeito importante, para que Fabulatorio poida ser:
Luis Díaz Díaz
www.luisdiazdiaz.com
Luis Díaz Díaz (A Coruña, 1978) é un fotógrafo e editor gráfico que reside en Galicia. Iníciase na fotografía mentres realiza os estudos de Enxeñaría de Camiños na súa cidade natal. Ao terminalos, trasládase a Madrid en 2005 para cursar un Máster en fotografía na escola EFTI. Posteriormente, desenvolve a súa formación asistindo a fotógrafos como Jerónimo Álvarez ou Daniel Riera, e realizando workshops con maestros como Joan Fontcuberta, Francesco Jodice ou Joerg Colberg.
Colabora habitualmente con diferentes revistas nacionais e internacionais, institucións, estudios de arquitectura e axencias de publicidade. A súa obra ten sido exposta recentemente en Bruselas, Madrid, A Coruña e Barcelona.
É fundador e co-editor de ‘30y3’, revista online sobre fotografía española contemporánea.
estudiocaravana
www.estudiocaravana.com
estudiocaravana é un estudio de desenvolvemento web formado por dous galegos do norte, un máis que o outro, con intereses, idades e formacións completamente distintas.
Edu Poch (1985) é un enxeñeiro informático nado en Viveiro e universitario da Coruña que disfruta programando en calquera formato e para diversos entornos: intelixencia artificial, música e agora web.
Javier Garrido (1977) é un antiguo estudiante de arquitectura da Coruña que leva varios anos facendo web e que adica case todo o seu tempo a deseñar e facer posible outros deseños a través das linguaxes da rede. Actualmente desenvolven proxectos para outros e deseñan entornos para eles mesmos coa teima de facer ‘a web ao noso xeito’.
Marcos Dopico
www.dedominiopublico.com
Marcos Dopico Castro (Narón, A Coruña, 1974) é Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, é deseñador gráfico e profesor de deseño na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. No ámbito da investigación ten publicados dous libros: «Propuestas para un diseño normal» (2009) na editorial Ellago, e «Arqueología tipográfica: La evolución de los caracteres de palo seco» (2011) na editorial Campràfic, ambos centrados na influencia da modernidade no deseño contemporáneo.
É ademais director da Área de Imaxe da Universidade de Vigo e presidente da DAG Asociación Galega de Deseñadores.
Benoît Sindt
www.studiolada.fr
Despois de ter estudado nas escolas de Nancy, Porto e Rio de Janeiro, Benoît Sindt obtén o seu diploma de arquitecto cun traballo de fin de carreira titulado «Learning from Favelas». Trátase dunha análise urbana, arquitectónica e antropolóxica ‘in situ’ sobre as favelas de Río.
Posteriormente traballa como asistente do arquitecto Christian Vincent, en Nancy, e funda Studiolada en 2009 xunto a un grupo de amigos arquitectos, traballando dende entón en diferentes proxectos públicos e privados. Paralelamente Benoît é profesor asistente na escola de arquitectura de Nancy na área de «Cidade e territorio»
Chico Buarque
www.chicobuarque.com.br
Thomas Mallet
Thomas Mallett realiza en A Casa do Oscar a súa primeira tradución do galego ao inglés. Ten vivido en Santiago de Compostela e tamén colaborado có Centro de Estudos Galegos na Universidade de Bangor, Gales. É actualmente tradutor en Francia.
Gráficas Brial
Rúa de Francisco Catoira, 11, 15007 A Coruña. (Mapa)
Litonor
www.litonor.com
Librería Formatos
www.libreriaformatos.com
Librería do CGAC
Rúa Valle Inclán s/n, 15704 Santiago de Compostela. (Facebook)