Condicións de venda

Fabulatorio é un proxecto editorial promovido por desescribir SC (J70201124). desescribir SC é un sociedade de arquitectura e deseño ubicada en Galicia (Spain).

As seguintes condicións regulan a venda de libros editados por Fabulatorio a través da web www.fabulatorio.org.

Distribución:

Os libros editados por Fabulatorio poden adquirirse en liña a través de www.fabulatorio.org.

Pagos:

Todos os pagos en www.fabulatorio.org procésanse en euros empregando a pasarela de pago de Paypal. Lembra que para realizar un pago a través de Paypal non é preciso que teñas unha conta previa, ou que te rexistres como usuario novo no seu servizo. Paypal admite a maioría das tarxetas de crédito e débito coñecidas. Paypal é unha pasarela de pago rápida e de seguridade certificada, e non comparte os teus datos persoais e bancarios con terceiras persoas. Ao realizar un pago empregando Paypal, Fabulatorio recibe tan só os teus datos de contacto e un enderezo de envío. Podes consultar a política de privacidade de Paypal aquí.

Se estás interesado en adquirir algún dos libros editados por Fabulatorio pero prefires non empregar a pasarela de pago de Paypal, sempre podes enviarnos un correo electrónico a fabulatorio@gmail.com e tentaremos atopar unha alternativa con outros métodos de pagamento.

Política de privacidade:

Ao adquirir un libro a través da páxina web de Fabulatorio só nos das acceso a un número limitado dos teus datos persoais: nome completo, correo electrónico e enderezo postal. Estes datos son imprescindibles para rematar de formalizar a compra e realizar o correspondente envío.

Fabulatorio manterá un rexistro privado e offline deses datos que non compartirá nunca con terceiros e que tampouco empregará con fins comerciais. Isto quere dicir que non recibirás correos electrónicos de Fabulatorio anunciando promocións ou novas edicións. Se estás interesado en estar ao tanto das novas relacionadas con Fabulatorio podes optar por seguirnos a través de twitter, na nosa páxina en facebook, ou visitando o apartado de novas desta páxina web.

Se prefires que non engadamos os teus datos ao noso rexistro, só tes que indicalo no momento da compra, ou despois, en calquera outro momento, enviando un correo electrónico ao enderezo fabulatorio@gmail, e procederemos de maneira inmediata a borralos na súa totalidade.

Envíos:

Fabulatorio realiza envíos nacionais e internacionais de todas as súas edicións. Todos os envíos realizaranse a través da empresa pública Correos cunha tarifa especial para envío de libros.

Se estás interesado nunha modalidade de envío urxente, ou con outras características diferentes, envíanos un correo antes de formalizar a compra explicándonos as túas necesidades.

Se estás considerando adquirir máis dun libro nunha mesma compra, contacta previamente con nós por correo electrónico e che indicaremos o custo de envío específico en relación ao peso total do teu pedido.

Todos os envíos de Fabulatorio, sexan libros ou fotografías, están cubertos cunha garantía en caso de pérdida ou extravío por un valor igual ao importe total de venda. Se nun prazo orientativo de dúas semanas non recibes o teu pedido envíanos un correo electrónico e iniciaremos os trámites de reclamación a Correos que sexan oportunos.

En Fabulatorio queremos que os libros chegen ao seu destino en óptimas condicións, por iso poñeremos todo o coidado na súa embalaxe para que así sexa. Con todo, non podemos facernos responsables polos defectos que podia sufrir o contido do paquete durante o seu traxecto. Se o contido do paquete que recibes chega en mal estado, contacta con nós e tentaremos aclarar co servizo de Correos o acontecido e atopar unha solución satisfactoria.

Prezos:

Todos os prezos indicados na web, tanto o dos libros e das fotografías, como o dos custos de envío, son finais e inclúen IVE. Os prezos de venda non inclúen taxas aduaneiras ou calquera outro imposto que poida ser aplicable nun país de destino que non pertenza a UE.

Dende a súa concepción incial, o ánimo de Fabulatorio é acadar para os seus productos editoriais un prezo de venda accesible e razoable, que se axuste aos custos de realización e de producción locais e ás marxes lóxicas de beneficio de todos os axentes implicados. Por isa razón agardamos que xunto ao teu interese, entendas que en Fabulatorio non existirán ofertas ou descontos especiais.

Devolucións:

En Fabulatorio desexamos de verdade que desfrutes e che guste o que recibes no teu correo. Se non é o caso envíanos un correo electrónico ao noso enderezo e aceptaremos de bo grado que nolo envíes de volta dentro dun prazo de 14 días e se está nas condicións orixinais. Unha vez que o recibamos procederemos a reembolsarche o importe da túa compra a excepción lóxica dos custos de envío.

Para solicitar máis información, ou para calquera aclaración, non dubides en contactar con nós en calquera momento no enderezo electrónico fabulatorio@gmail.com e tentaremos respostar o antes posible.